A FEB conta para este programa formativo coa colaboración da Asociación Española de Adestradores de Baloncesto, así como das distintas Federacións Autonómicas, entre elas, por suposto, a FGB.
Chega unha temporada máis a “Semana de Adestramentos Adecco Ouro”, actividade de formación continua orientada a adestradores e promovida, ao longo xa de sete edicións, pola Federación Española de Baloncesto.
Nesta temporada 2012 – 2013 renóvase pois a posibilidade de compartir unha semana completa de traballo e adestramentos cun equipo da máxima competición do Baloncesto FEB (Adecco Ouro). Coñecer a súa dinámica no día a día, e poder intercambiar opinións cos técnicos de primeiro nivel do noso baloncesto configúrase como unha oportunidade de ouro.
En territorio galego serán tres as citas con esta experiencia formativa, visitando Ourense, A Coruña e Lugo, por esta mesma orde. A primeira destas convocatorias terá lugar na cidade das Burgas na semana do 18 ao 24 de febreiro co Club Ourense Baloncesto; Posteriormente virán Básquet Coruña (do 4 ao 10 de marzo) e C.B. Breogan do 11 ao 17 dese mesmo mes.
Todos os adestradores interesados en tomar parte dalgunha destas tres propostas poden inscribirse a través da propia Federación Galega de Baloncesto (adestradores@fegaba.com) facendo chegar a seguinte información:
– Datos persoais (nome, dirección e teléfono de contacto)
– Historial deportivo detallado (CV)
– Club e datas do programa nas que lle gustaría participar.
Ao finalizar a experiencia elaborarase un traballo conxunto do grupo de participantes en cada semana de obrigada entrega
e como resumo de toda a actividade. Tras o mesmo, os inscritos recibirán un certificado de asistencia (20 h), válido para obter a acreditación das horas de prácticas requeridas para as titulacións expededidas pola Federación Española de Baloncesto.
VII Semana de Adestramentos Adecco Oro – Calendario Completo.
VII Semana de Adestramentos Adecco Oro – Formulario Inscrición.