VII Harmonización do Minibasket e Preminibasket Galego

Santiago de Compostela acollerá este domingo, 31 de marzo, a cita federativa anual co formato de “Harmonización” do Mininasket e Preminibasket Galego. Cumprindo a súa VII edición, esta actividade, que mantén temporada tras temporada o obxectivo de afondar nas categorías base dende as súa múltiples perspectivas, recalará nas instalación do Colexio Manuel Peleteirto cun alto nivel de participación.

51 xogadores e 51 xogadoras, pertencenstes as diferentes xeracións de 2008, 2009 e 2010 compartirán este escenario de traballo e formato de aprendizaxe e competición.

Guiados pos adestradores superiores, e técnicos colaboradores e bolseiros da área deportiva FGB, o total dos nenos e nenas terán a oportunidade de adestrarse e convivir con compañeiros de toda Galicia. Todo no marco dun cronograma aberto a difentes ámbitos do traballo en Minibasket que ofrecerá unha xornada dominical ben completa, incluíndo tempo para o debate e a análise da mans das familias dos xogadores e xogadoras.

Este plan de traballo comprenderá a seguinte carga horaria: 

XERACIÓN 2008

(09:30 h) Chegada e entrega de documentación.

(10.00 h – 12:00 h) Adestramento.

(12:00 h) Foto oficial.

(11:15 h) Charla coloquio. Familias. *

(12:45 h) Cese da actividade

XERACIÓN 2009

(10:45 h) Chegada e entrega de documentación.

(11:30 h – 13:00 h) Adestramento.

(11:15 h) Charla coloquio. Familias. *

(13:00 h) Foto oficial.

(13:15 h) Proxección de vídeo.

(13:45 h) Xantar.

(15:30 h – 17:30 h) Competición 4X4.

XERACIÓN 2010

(11:00 h) Chegada e entrega de documentación.

(11:15 h) Proxección de Vídeo.

(12:00 h – 13:30 h) Adestramento.

(11:15 h) Charla coloquio. Familias. *

(13:30 h) Foto oficial.

(13:45 h) Xantar.

(15:30 h – 17:30 h) Competición 4X4.

* CHARLA COLOQUIO  (11.15h – 12:30 h)

Orientada aos Pais, Nais e Titor@s das xogadoras e xogadores convocados.

Rubén Domínguez
(Psicólogo Deportivo. Adestrador A.D. Cortegada. Liga Feminina 2).

Sandra Prieto
(Adestradora profesional. BAXI Ferrol. Liga Día)

Dario Méndez
(Adestrador Superior. Porriño BB)

Leticia Fernández
(Responsable Área Saúde FGB)

Miguel Ángel Pérez
(Director Técnico Comité Galega de Árbitros. Árbitro ACB e FIBA)

 

 

Xeración 2008 Feminina – VII Harmonización
Xeración 2008 Masculina – VII Harmonización
Xeración 2009 Feminina – VII Harmonización
Xeración 2009 Masculina – VII Harmonización
Xeración 2010 Masculina – VII Harmonización
Xeración 2010 Feminina – VII Harmonización

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram