VIIl Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

Aberto o prazo de inscrición para a VIII convocatoria da temporada para a formación online en iniciación no marco do Comité Galego de Árbitros. 
Esta nova cita didáctica englóbase na Programación 2017 – 2018 dos Cursos “On Line” CGAB, dos que únicamente restan dous por celebrar e cuxas datas podes consultar AQUÍ.

Marcado para iniciarse o vindeiro 8 de xaneiro, e con continuidade os días 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17 deste mesmo mes, a través da plataforma online FGB, o Comité Galego de Árbitros proporcionará con este VIII curso a posibilidade de instruirse, en base a unha programación teórico práctica, nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

O prazo de inscrición para esta 8º convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o vindeiro 7 de xaneiro, sendo obrigatorio para tramitar a mesma seguir estes pasos:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no 8 curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa-2ª ed Oct 2017″.

A dirección cursos.online@fegaba.com permanecerá aberta para dúbidas en consultas respecto a este proceso.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram