“VII Campus Chiquibasket”

Un total de 54 xogadores de entre 5 e 17 anos están a formar parte nestas datas da VII edición do Campus “Chiquibasket”, comandado por Chiqui Barros co obxectivo de axudar aos máis novos a aprender o xogo e mellorar as súas habilidades.

O adestrador galego, que nesta temporada acadou o ascenso a Liga Feminina co Coelbi Bembibre PDM, converte estos días o Pavillón do Colexio de Esteiro na sede formativa de moitos novos valores da comarca de Ferroltera. E faino acompañado por colaboradores pertencentes a diferentes áreas do baloncesto.

Neste 2012 os seus convidados comprenden dende o apartado arbitral, da man do colexiado Carlos Cortés; ata o estritamente deportivo, con xogadoras e xogadores como Marta Tudanca, Alex de la Vega ou Alberto Rodríguez. Xunto a eles tamén contribuíndo ao traballo de Barros e o seu equipo, atópase o actual Seleccionador Galego Cadete Masculino, Fernando Buendía; así como adestradores da propia zona de Ferrol.

A xornada de mañá, sábado, 23 de xuño, será a máis especial para todos os participantes. Xuntos celebrarán a clausura desta VII edición, data na que recoller todos os froitos do traballado e facer memoria dos bos momentos vividos.

Salientar que este “VII Campus ChiquiBasket” conta coa colaboración do Concello de Ferrol e a Federación Galega de Baloncesto, xunto a outras institucións e empresas que apoian tamén ao baloncesto.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram