Vigo presenta a fin de semana do baloncesto feminino

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou no Pavillón de Navia a Final Four de LF Challenge que se disputará este sábado e domingo. Catro equipos para a segunda praza de ascenso a LF Endesa.

Ao acto acudiron, ademais de Abel Caballero, alcalde de Vigo, Elisa Aguilar, directora de Competicións FEB; Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega;  Carlos Álvarez, presidente do Celta Zorka Recalvi; Manel Fernández, concelleiro de Deportes de Vigo; e Susana García, vicepresidenta da FGB

(ÁREA DE COMUNICACIÓN FEB) Vigo será a sede da festa final da LF Challenge, a segunda categoría do baloncesto feminino español, con catro equipos loitando pola segunda praza de ascenso a LF Endesa, tras a conseguida polo Baxi Ferrol como líder da liga Regular.

Abel Caballero asegurou que “en Vigo gústanos o deporte. E practicámolo en todas as idades. E nalgúns deportes, Vigo ten unha tradición importante, como é no baloncesto feminino.”  Elisa Aguilar asegurou que a Federación Española está “moi contenta do nivel da LF Challenge, unha competición que ten dous anos de vida e que conta cun club como o Zorka Celta Recalvi, de gran tradición.

Carlos Álvarez, quixo agradecer á cidade e á FEB “o apoio para conseguir organizar esta Final Four da LF Challenge” mentres que Julio Bernárdez quixo “mostrar o orgullo da Federación Galega por ter este evento en Galicia para vender baloncesto e vender cidade con este torneo e coa preparación da selección feminina en Vigo.”

Os partidos xogaranse a tarde do sábado (17:30 h e 19:45), e na tarde do domingo (17:30 h) e poderanse seguir pola canle de Twitch da FEB.

LF CHALLENGE – FINAL FOUR:

Semifinais:
– Recolectas Zamora vs A Cordà de Paterna (S-19:45h) | Twitch Baloncesto ESP
– Vantage Towers Alcobendas vs Celta Zorka Recalvi (S-17:30h) | Twitch Baloncesto ESP

Final:
– Vencedor S1 vs Vencedor S2 (D-17:30h) | Twitch Baloncesto ESP

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram