Vigo, preparada e con gañas de recibir á Selección Feminina no “Torneo Ciudad de Vigo”

En breves datas estaremos a gozar en Vigo do “Torneo Ciudad de Vigo”, organizado pola Federación Española de Baloncesto en colaboración directa co Concello de Vigo.

Os próximos 21, 22 e 23 de xuño a Selección Feminina absoluta, liderada polo galego Miguel Méndez; terá a Vigo como sede da primeira parte da súa preparación para os Xogos Olímpicos 2024 de París.

O combinado nacional concentrarase na cidade olívica e disputará este torneo preparatorio de amplo nivel xunto ás seleccións de China (subcampioa do mundo) e Turquía (unha das potencias europeas).

A competición terá lugar no Complexo Deportivo As Travesas co seguinte calendario:

21/06 – 21:00 h: España vs Turquía.

22/06 – 16:00 h: China vs Turquía.

23/06 – 12:00 h: España vs China.

A venda de entradas para poder gozar en vivo das xogadoras españolas e todo o seu talento permanece activa vía web: https://feb.entradas.plus/entradas/es

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram