Vigo abre rolda de reunións FGB – Clubs

A Federación Galega de Baloncesto retoma neste mes de marzo a quenda de reunión cos clubs das súas diferentes delegacións zonais.

Encabezado polo seu presidente, Francisco Martín, o equipo directivo FGB inicia en Vigo esta tarde de mércores un percorrido xeográfico que o levará a estar en contacto coas inquedanzas dos clubs nas diferentes áreas temáticas que atinxen ao seu día a día nesta temporada 2016 -2017.

Nesta liña, os clubs galegos poderán expresar as súas necesidades, achegas e acordos ou desacordos á entidade federativa, que ademais do Presidente, estará representada polos responsables directos das áreas deportiva e arbitral, Carlos Colinas e Miguel Ángel Pérez, respectivamente; así como pola Secretaria Xeral, Susana Fernández, e o rector das relacións da FGB cos clubs de cada zona.

A convocatoria deste mércores en Vigo abre marca o inicio do seguinte calendario de visitas:

Delegación Vigo: 15/03/17

Delegación Coruña: 20/03/17

Delegación Ourense: 27/03717

Delegación Santiago: 03/04/17

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram