VI Torneo de Minibasket Don Bosco

Por sexto ano consecutivo a A.D. BOSCO organiza, nas instalacións do Colexio Salesianos de Ourense, o seu Torneo de Minibasket, actividade xestionada coa intención de promover o deporte do baloncesto cunha xornada lúdico-competitiva entre mozos de distintos lugares da xeografía galega e española.

A cita con este 6º Torneo de Minibasket DON BOSCO terá lugar o vindeiro 15 de abril nas instalacións do Colexio Salesianos de Ourense. O torneo comezará ás 10:30 h e contará coa participación de árbitros da Federacion Galega de Baloncesto.

Disputarase nas categorías minibasket masculino, minibasket feminino e preminibasket masculino, feminino ou mixto. O sistema de competición será en función do número de equipos inscritos, pero disputando sempre, como mínimo, tres partidos por equipo.

Os equipos interesdaso en ser parte desta sexta edición do Torneo de Minibasket DON BOSCO poden obter máis información dirixíndose, vía mail, a a.d.boscoourense@gmail.com.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram