ABERTA A INSCRICIÓN para o VI Curso de Iniciación “ON LINE” para árbitros e oficiais de mesa da presente temporada, convocatoria didáctica que comezará o próximo 18 de xaneiro.
O Comité Galego de Árbitros activa a VI convocatoria do ciclo 2016 – 2017 para o seu Curso “On Line” de iniciación á formación como árbitros e oficiais de mesa. Todos os interesados e aspirantes a dar un novo paso nesta área do baloncesto poden facelo a través do Campus on line FGB nun novo curso que dará comezo o vindeiro 18 de xaneiro e se estenderá ata o día 27 deste mesmo mes.
A dinámica, requisitos e proceso a seguir para todos os alumnos detállase no apartado de información do Curso dentro da propia plataforma, a cal require inscrición previa, a tramitar antes do 16 de xaneiro (14:00 h).
Os pasos concretos e indispensables a seguir para formar parte deste VI Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa son:
1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (la Caixa).
2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.
3. Inscrición na plataforma online FGB e posterior inscrición no “Curso de Iniciación Árbitros e Oficiais de Mesa – Xaneiro 17″.