A temporada 2013-2014 acolle a celebración da VI edición do “Campus Baloncesto no Camiño”, que terá lugar en Sarria entre o 19 e o 27 de xullo. Pola vila lucense, como en anteriores convocatorias, pasarán auténticos referentes do baloncesto actual que compartirán intres de puro Baloncesto cos xogadores e xogadoras nados entre 1997 e 2006.
Tras a satisfacción e o éxito recollido en anteriores edicións, “Campus Baloncesto no Camiño” preséntase ben activo neste ano 2014, levando de novo á localidade lucense de Sarria, contando con tres pavillóns cubertos, todo o atractivo do basket de formación.
Dirixido polo actual Seleccionador Galego Infantil Masculino, Miguel Ángel Hoyo; “Campus Baloncesto no Camiño” formula a súa convocatoria cunha ampla oferta didáctica na que non falta ningunha opción. Nesta VI edición, ademais, trae consigo a posibilidade de escoller entre o traballo de “Tecnificación con máis adestramentos” ou “unicamente” Baloncesto.
Entre o nutrido grupo de actividades, deportivas e de ocio que este VI “Campus Baloncesto no Camiño” destacan tamén:
Adestramentos por niveis con Adestradores Superiores e Licenciados en Educación Física.
Adestramentos de tecnificación.
Competicións de tiro, 1×1, 3×3, 5×5 e habilidade.
Adestramentos en Inglés.
Adestramentos de Preparación Física, exercicios específicos de coordinación, traballo de pés, velocidade e abdominal.
Xogos na natureza, actividades multideportivas e xogos grupais.
Gravacións en vídeo aos grupos de Tecnificación
Actividades no Camiño de Santiago.
Agasallos para os campións das competicións.
Toda a información completa sobre períodos e cotas de inscrición, plans de traballo diario e aqueles detalles relativos á organización; pode consultarse na web oficial do Campus: www.baloncestonocamino.es