Vantaxes e descontos en “C&C FISIOTERAPIA” para todos os federados

A Federación Galega de Baloncesto e “C&C FISIOTERAPIA” asinan convenio de colaboración. A clínica compostelana de Fisioterapia e Rehabilitación e a entidade federativa aúnan intencións e, a partir deste mes de outubro, ofrecerán unha ampla carta de descontos para os federados de toda Galicia.

En virtude do acordo establecido, todas as persoas con licencia en FGB gozarán dun 20% de desconto nos servizos de “C&C FISIOTERAPIA”, obtendo así un prezo vantaxoso sobre o custe habitual de cada sesión.

Esta proposta amplíase ademáis cun desconto similar (20%) nas tarifas da carta de servizos que a actual responsable de Área de Sáude da FGB, Leticia Fernández; leva a cabo no marco de traballo de “C&C FISIOTERAPIA”: recuperación funcional, escola da espalda, clases de yoga-pilates e adestramentos persoais orientados ao rendemento.

A información detallada de todas estas propostas, así como a presentación, intrahistoria e especialización do equipo que compón “C&C FISIOTERAPIA” pode consultarse na súa web: www.cycfisioterapia.es

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram