Valores

Valores

Gozar participando
Creamos contornas dinámicas a través da participación activa e entusiasta dos individuos. Gozamos xogando, falando e vivindo o baloncesto.

Vivir a nosa identidade
Sentimos a nosa identidade e transmitimos os nosos valores a través das nosas actuacións. Defendemos con orgullo as cores das seleccións galegas como embaixadoras da nosa cultura e identidade.

Fomentar a amizade
Levamos o traballo en equipo, fundamental para a práctica do baloncesto, ao extremo de contar con grupos de amigas e amigos traballando e esforzándose por obxectivos compartidos.

Recoñecer o esforzo pola excelencia
Esforzámonos pola mellora constante na práctica do baloncesto e na xestión e administración de todas as tarefas que están asociadas á práctica do deporte. Este esforzo de dar o máximo de nós mesmos en cada acción, trasládase fóra da cancha e dos despachos no noso esforzo por ser cidadás e cidadáns exemplares.

Promover o liderado
Lideramos a través do noso propio exemplo e inspiramos e motivamos por medio das nosas actuacións e resultados. Asumimos a nosa responsabilidade no desenvolvemento do potencial das nosas compañeiras e compañeiros máis aló da identificación coas cores do noso club.

Actuar de modo sustentable
Actuamos procurando as opcións sustentables para a propia Federación e a sociedade. As nosas accións teñen presente ás futuras xeracións.

Valores

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram