V Xornada de Harmonización do Minibasket Galego

O Programa de Tecnificación FGB regresa en maio da man da “V Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”, cita xa tradicional a celebrar, neste caso, o primeiro día do mes, en Santiago de Compostela, gracias á colaboración do Colexio Manuel Peleteiro.

Esta quinta edición da “Harmonización” volverá a ser unha cita referente para a área deportiva FGB, buscando na mesma a posibilidade de abordar a categoría minibasket dende a perspectiva puramente deportiva, e taméa, a didáctica e a metodolóxica.

Con este obxectivo, as instalacións do Colexio Manuel Peleteiro acollerán unha convocatoria de traballo en horario de mañá, e da que serán partícipes un total de 180 xogadores, os seus familiares directos e 14 técnicos colaboradores FGB.

Entre todos os citados levarase a cabo un completo programa de traballo, que contará ademáis, no seu apartado teórico, con destacados nomes propios do deporte galego e de mundos relacionados directamente co mesmo que compartirán experiencias cos pais e familiares dos nenos e nenas convocados.

V Xornada de Harmonización do Minibasket Galego – Programa

ADESTRAMENTOS DE TECNIFICACIÓN (09.30 h – 14.00 h)

XERACIÓN 2006

(09:30 h) Chegada e entrega de documentación.

(10:00 h – 11:30 h) Adestramento.

(11.30 h) Foto oficial.

(11:45 h) Charla Coloquio.

(12:30 h) Proxección de Vídeo.

(13:45 h) Recollida.

XERACIÓN 2007

(10:30 h) Chegada e entrega de documentación.

(11:00 h – 12:30 h) Adestramento.

(12:30 h) Foto oficial.

(12:45 h) Proxección de vídeo

(13:45 h) Recollida.

XERACIÓN 2008

(11:00 h) Chegada e entrega de documentación.

(11:15 h) Foto oficial.

(11:30 h) Proxección de vídeo

(12:30 h – 14:00 h) Adestramento 

(14:00 h) Recollida.

CHARLA COLOQUIO  (11.00 h – 13:15 h)

Rubén Domínguez. Psicólogo Deportivo e Adestrador de Cortegada – LF2.

Pepe Pozas. Xogador Rio Natura Monbus Obradoiro – Liga ACB.

Beatriz Sánchez. Xogadora Universitario Ferrol – LF.

Leticia Fernández. Responsable da Área de Saúde FGB.

Diego Fernández. Sociólogo e Adestrador Santo Domingo Betanzos – EBA.

Obradoiro de Minibasket

No mesmo escenario do Colexio Manuel Peleteiro, a “V Xornada de Harmonización” deixará paso ao denominado “Obradoiro de Minibasket”, actividade pensada para os adestradores galegos que desexen participar.

obradoiro

Na mesma, os actuais seleccionadores galegos de Minibasket, Javier Cotelo e Fernán Varela; impartirán dúas charlas diferenciadas en torno, entre outros temas, á súa experiencia liderando un grupo do carácter dun combinado autonómico.

Para inscribirse neste Obradoiro, que se estenderá de 16.00 h a 19.30 h, é preciso envair mail a adestradores@fegaba.com

CETI 2006 Masculino: xoagadores convocados
CETI 2006 Feminino: xogadoras convocadas
CETI 2007 Masculino: xogadores convocados
CETI 2007 Feminino: xogadoras convocadas
CETI 2008 Masculino: xogadores convocados
CETI 2008 Feminino: xogadoras convocados
V Xornada de Harmonización do Minibasket Galego: programa completo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram