“V Trofeo Feminino das Nacións”: Cataluña, campioa

– O Pavillón Alonso Rodríguez acolleu esta fin de semana o “V Trofeo Feminino das Nacións”, competición que agrupou, a modo de triangular, ás seleccións femininas absolutas de Galicia, Cataluña e País Vasco.

– Coa presenza das potentísimas xogadoras catalanas e unhas solventes e altamente competitivas seleccións galega e vasca, os afeccionados disfrutaron, de balde, de tres encontros de auténtico luxo. As xogadoras de Silvia Font, con pleno de vitorias, fixéronse con esta V edición do Torneo, coa que suman xa catro Copas das Nacións ao seu palmarés particular (2008, 2010, 2011 e a actual do 2012).

“V Trofeo Feminino das Nacións” – Calendario

Pavillón Alonso Rodríguez. Entrada gratuíta.

Venres, 18/05/12

(20.00 h) Euskadi – Galicia (51 – 62)

(15 – 25, 17- 10, 8-15, 11-12) (Colexiados: Daniel Pazos e Saray Fornos)

Sábado, 19/05/12

(19.00 h) Cataluña – Euskadi (74 – 54)

(16 – 13, 18-19, 22-10, 18-12) (Colexiados: David Guillán e Cristina García)

Domingo, 20/05/12

(12.00 h) Galicia – Cataluña (46 – 75)

(11 -20, 7 – 16, 16 – 17, 12 – 22) (Colexiados: Jose A. Godoy e Patricia Díez)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram