V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket “Concello de Marín”

Concello de Marín e Federación Galega de Baloncesto, co apoio do CB Peixefresco Marín; presentaron oficialmente nesta mañá de martes o “V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket Concello de Marín”, cita que un ano máis, o terceiro de xeito consecutivo; encherá esta vila do mellor baloncesto dos xogadores e xogadoras máis novos.

Este V Torneo enmárcase dentro do convenio de colaboración que Federación Galega de Baloncesto e Concello de Marín teñen en común na presente temporada, e que aproveitaron para rubricar no acto deste martes.  

Os vindeiros sábado e domingo, 10 e 11 de febreiro; as Preseleccións Mini de Galicia, Euskadi, Castilla León e Asturias, tanto masculinas como femininas, serán as protagonistas desta competición amigable que hoxe viviu a súa posta de longo da man do Concelleiro de Deportes de Marín, Antonio Traba; a Presidenta do CB Peixefresco Marín; Rebeca Simes; e a Secretaria Xeral FGB, Susana Fernández.

O Pavillón A Raña acollera o xogo en categoría masculina, facendo o propio en feminino o Pavillón do Colexio San Narciso, entidade que colabora cedendo a instalación. En ambos os casos, celebraranse partidos en horario de mañá e tarde de sábado, e durante a xornada matinal do domingo, contando con retramisión en directo a través da Canle oficial da FGB en YouTube nos seis partidos que desputarán as preseleccións galegas.

IMG-20180128-WA0005 2

V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket “Concello de Marín” – Calendario

Minibasket Feminino (Pavillón San Narciso)

10/02/18

(10.00 h) Galicia – Castilla León

(12.00 h) Asturias – Euskadi

(16.15 h) Galicia – Euskadi

(18.00 h) Castilla León – Asturias

11/02/18

(10.00 h) Euskadi – Castilla León

(12.00 h) Asturias – Galicia

Minibasket Masculino (Pavillón A Raña)

10/02/18

(10.00 h) Euskadi – Asturias

(12.00 h) Galicia – Castilla León

(16.15 h) Castilla León – Asturias

(18.00 h) Galicia – Euskadi

11/02/18

(10.00 h) Euskadi – Castilla León

(12.00 h) Asturias – Galicia

Preselección Galega Minibasket Masculina: 10 – 11/02/17
Preselección Galega Minibasket Feminina: 10 – 11/02/17

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram