V Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

Aberto o prazo de inscrición para a V convocatoria da temporada para a formación online en iniciación no mundo da arbitraxe.

Programación completa – Cursos “On Line” CGAB 2017 – 2018

Marcado para iniciarse o vindeiro 6 de novembro, e con continuidade os días 7, 8, 9, 10, 13, 14 e 15 dese mesmo mes, a través da plataforma online FGB, o Comité Galego de Árbitros proporcionará con este curso a posibilidade de instruirse, en base a unha programación teórico práctica, nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

O prazo de inscrición para esta 5º convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o vindeiro 3 de novembro, sendo obrigatorio para tramitar a mesma seguir estes pasos:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no 5 º Curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa-2ª ed Oct 2017″.

A dirección cursos.online@fegaba.com permanecerá aberta para dúbidas en consultas respecto a este proceso.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram