Aberto o proceso de inscrición para o V Curso de Iniciación “ON LINE” para árbitros e oficiais de mesa, convocatoria didáctica que comezará o vindeiro 14 de decembro.
O Comité Galego de Árbitros activa a V convocatoria da temporada para o seu Curso “On Line” de iniciación á formación como árbitros ou oficial de mesa.
Todos os interesados e aspirantes a dar un novo paso como novos árbitros ou oficias de mesa poderán facelo a través do Campus on line FGB nun curso que dará comezo o vindeiro 14 de decembro e se estenderá ata o día 23 deste mesmo mes.
A dinámica, requisitos e proceso a seguir para todos os alumnos detállase no apartado de información do Curso dentro da propia plataforma, a cal require inscrición previa.
A inscrición nesta convocatoria debe tramitarse baixo estos parámetros antes do próximo luns, 12 de decembro; ás 14:00 h.
Os pasos concretos e indispensables a seguir para formar parte deste V Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa son:
1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (La Caixa).
2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.
3. Inscrición na plataforma online FGB e posterior inscrición no “Curso de Iniciación – Árbitros e Oficiais de Mesa – Decembro”.