V Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal”

A proximidade das datas festivas do Nadal, trae consigo a posta en marcha dunha nova edición do noso certame de deseño “O Baloncesto e o Nadal”.

Por quinto ano consecutivo, e de novo animando a participar ao maior número de xogadores e xogadoras posibles; a FGB abre a convocatoria deste certame, no que conta coa colaboración directa de “la Caixa”. 

A Federación Galega de Baloncesto mantén activo o seu V Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal” mediante o cal se premiarán os dous mellores traballos recibidos, destinando o primeiro deles a ser a imaxe da Federación Galega de Baloncesto na súa postal de Nadal.

Os xogadores e xogadoras galegas dende cadete ata Preminibasket poden participar enviando o seu debuxo e deseño persoal a través do que relacionen dúas temáticas: a súa paixón polo BALONCESTO e os mellores desexos para este NADAL 2014. A data límite para a entrega dos deseños e debuxos está marcada no 12 de decembro. 

Premios
A Federación Galega de Baloncesto galardoará ao vencedor cunha equipación da Selección Galega, un premio económico en material deportivo valorado en 80 euros, así como cunha “tableta dixital”, agasallo éste cortesía de “la Caixa”.

O segundo clasificado recibirá, pola súa banda, unha sudadeira da Selección Galega, un premio económico en material deportivo valorado en 40 euros, e un exemplar do libro “50 anos de Baloncesto en Galicia”.

A totalidade dos requisitos a cumprir para poder participar neste V Certame “O Baloncesto e o Nadal” detállanse nas BASES OFICIAIS que aquí se achegan.

V Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal”

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram