V Campus CHIQUIBASQUET ARES

Esta actividade, a celebrar entre o 1 e o 9 de agosto, consolídase xa como unha das clásicas dentro das propostas deportivas do verán desta localidade costeira de Ferrolterra.

Chega a V edición para o Campus Chiquibasket de Ares, a celebrar entre os días 1 e 9 de agosto no Pavillón Deportivo Municipal desta vila. Coa aprendizaxe en Baloncesto como obxectivo principal, neste 2013 esta cita contará ademais con actividades Multideporte e coa familiarización por parte dos participantes cos principais termos ingleses do Basket.

Esta V edición gozará tamén dun elenco de invitados de auténtico luxo, destacando entre eles: Miguel Ángel Ortega, adestrador en Liga Feminina, o xogador Alberto Rodríguez, e o árbitro ACB e Internacional FIBA, Carlos Cortés.

Inscricións
Todos os interesados en tramitar a súa inscrición teñen ata o vindeiro 29 de xullo para facelo. O proceso debe materializarse no propio Pavillón Deportivo Municipal de Ares, en horario de 10.00 h a 13.00 h.

O coste do Campus, así como toda a información que se precise sobre o mesmo pode consultarse polo miúdo na súa web de referencia: http://chiquibasquet.wordpress.com/

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram