O Torneo de Minibasket 3×3 que todos os anos, en Nadal e Semana Santa, organiza o Universitario Ferrol co patrocinio do Concello de Ferrol e a colaboración de McDonald’s, Coca Cola e GADIS, chega este Nadal á súa 31ª edición coa firma STAR CENTER uníndose á nómina de empresas colaboradoras.
(Info: uniferrol.com) Esta nova edición, como sempre, celebrarase no Pavillón de Esteiro, reunindo o luns 21 e o martes 22 de decembro a trinta e dous equipos que, durante dúas mañás, desfrutarían facendo o que máis lles gusta, xogar ao basket.
Durante esas dúas mañás, máis de 120 xogadores e xogadoras (de 3º a 6º de Educación Primaria) medirán as súas forzas en partidos de 10 minutos, reestruturándose os grupos a 2ª xornada para buscar a maior igualdade posible.
Os equipos están formados por 4 xogadores como máximo, o que obriga a que teñan que xogar todos, co que xogadores que en ocasións non xogan demasiado nos partidos da competición habitual, aquí poden gozar de moitos minutos de cancha.
Toda a información precisa para a inscrición, cuxo límite está fixado no 17 de decembro, pode atoparse nos documentos que se achegan.
Torneo Nadal Minibasket 3×3 – Inscrición
Torneo Nadal Minibasket 3×3 – Información