Universitario Ferrol abre a Liga Feminina a todos os clubs galegos

(Foto: Universitario Ferrol)

(Foto: Universitario Ferrol)

Universitario Ferrol achega a Liga Feminina a toda Galicia. O equipo da cidade departamental, inmerso de cheo na súa nova e apaixonante temporada na máxima categoría do baloncesto feminino nacional, abre a todos os clubs e colexios da Comunidade a posibilidade de desfrutar, en directo, dos seus partidos de Liga como local.

Dende a entidade colexial convidan aos clubs galegos a presenciar un dos seus encontros de xeito gratuíto, unicamente cumprindo o requisito previo de enviar un correo a uni.ferrol@terra.com no que indicar: Nome do colexio e club, número de xogadores e xogadoras que se desprazan (entre 20 e 50 acompañados de varios adultos) e nome do responsable do grupo. Este mail debe enviarse o xoves anterior á data do partido elixido.

O Universitario habilitará un lugar reservado no Pavillón de Esteiro para que os convidados poidan ollar o xogo en conxunto e desde una posición privilexiada, a pé de pista.

Calendario Liga Feminina 2014 – 2015

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram