Universitario de Ferrol: XXVIII Torneo 3 x 3 Minibasket – Semana Santa

Universitario Ferrol renova a súa aposta polo Torneo de Semana Santa 3×3, competición amigable minibasket que suma neste 2014 a súa 28 edición.

Universitario Ferrol organiza os próximos días 14 e 15 de abril o seu XXVIII Torneo 3×3 Minibasket de Semana Santa, cita que conta, unha convocatoria máis, co apoio indispensable do Departamento de Deportes do Concello de Ferrol e a Federación Galega de Baloncesto, entre outras entidades.

O Torneo 3×3 Minibasket – Semana Santa, repetando a súa estrutura de anteriores edicións, abre a súa participación a un total de 32 equipos alevíns ou benxamíns, que, englobados en catro categorías segundo o ano de nacemento (2002, 2003, 2004 e 20005), disfrutarán do Baloncesto en dobre xornada (a partir das 10:30 h) no Polideportivo Municipal de Esteiro.

Proceso e Límite para a inscrición
Os equipos interesados en participar deste XXVIII Torneo 3×3 Minibasket – Semana Santa poden tramitar a súa solicitude a través do envío da documentación precisa, que achegamos xunto a esta información. A mesma debe remitirse en persoa ou vía mail á Delegación FGB en Ferrol ou ao propio club ferrolán (delegacion@fegaba.com e uni.ferrol@terra.com)

As inscricións serán admitidas por rigorosa orde de recepción e o prazo límite para a súa entrega remata o vindeiro venres, 11 de abril.

XXVIII Torneo 3 x 3 Minibasket – Semana Santa: inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram