Universitario de Ferrol: XXVII Torneo 3 x 3 Minibasket de Nadal

Universitario Ferrol promove unha edición máis a organización do seu tradcional 3×3, que regresa nestas festas de Nadal con toda a súa forza de sempre.

O club da cidade departamental celebra os vindeiros 23 e 24 de decembro esta cita, que conta, como de xeito habitual, co apoio da Federación Galega de Baloncesto e do Departamento de Deportes do Concello de Ferrol, entre outras entidades.

A competición está programada para a participación dun total de 32 equipos equipos alevíns ou benxamíns, que, englobados en catro categorías segundo a idade, disfrutarán do Baloncesto no Polideportivo Municipal de Esteiro. Alí reuniranse cada xornada, a partir das 10.30 h.

Inscrición
Os equipos interesados en participar deben enviar a documentación precisa (que se achega xunto a esta nova) a través do correo electrónico (delegacionferrol@fegaba.com ou uni.ferrol@terra.com ) ou entregala en persoa na sede da Delegación Zonal FGB.

As inscricións serán admitidas por rigurosa orde de recepción e o prazo límite para tramitarlas remata este venres, 20 de decembro. O proceso quedará pechado, para todos os efectos, no intre no que se completen os 32 equipos indicados anteriormente como cifra total de participantes

XXVII Torneo 3 x 3 Minibasket de Nadal. Inscrición.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram