Universitario de Ferrol: XXVI edición do seu Torneo de 3 x 3 Minibasket

Universitario Ferrol presenta un ano máis a súa aposta polo 3×3 e renova esta Semana Santa a súa tradicional cita co Torneo 3×3 de Minibasket.

O club da urbe departamental celebra os vindeiros luns 25 e martes 26 de marzo unha nova edición deste 3×3 no que a finalidade é sempre de carácter lúdico, contando co apoio da Federación Galega de Baloncesto e do Padroado Municipal de Deportes de Ferrol, entre outras institucións.

A competición está programada para a participación dun total de 32 equipos equipos alevíns ou benxamíns, que, englobados en catro categorías segundo a idade, disfrutarán do Baloncesto no Polideportivo de Esteiro. Alí reuniranse cada xornada, a partir das 10.30 h, e farán do 3×3 o protagonista.

Proceso de Inscrición
Os equipos interesados en participar deben enviar a documentación precisa (que se achega xunto a esta nova) a través do correo electrónico (delegacionferrol@fegaba.com ou uni.ferrol@terra.es ) ou entregala en persoa na sede da zonal FGB.

As inscricións serán admitidas por rigurosa orde de recepción e o prazo límite para tramitarlas remata o venres, 22 de marzo. O proceso quedará pechado, para todos os efectos, no intre no que se completen os 32 equipos citados anteriormente como cifra total de participantes.

Formulario de Inscrición 1
Formulario de Inscrición 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram