Universitario de Ferrol: XXIX Torneo 3×3 Minibasket – Nadal

Universitario Ferrol suma unha edición máis, cumprindo xa 29, ao seu característico polo Torneo de 3×3 Mini, competición amigable que destaca sempre en datas de semana santa e Nadal.

 

O club da cidade departamental organiza esta cita os vindeiros días 22 e 23 de decembro, renovando a súa presenza con esta actividade no Polideportivo de Esteiro, contando co apoio da Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Ferrol, entre outras entidades e sponsors.

O Torneo 3×3 Minibasket – Nadal mantén nesta 29 edición a súa estrutura de xogo habitual: orientada a un total de 32 equipos alevíns ou benxamíns, que, englobados en catro categorías segundo o ano de nacemento (2003, 2004, 2005 e 2006), competirán en dobre xornada, a partir das 10:30 h.

inscrición
Os equipos interesados en participar desta nova cita co Torneo 3×3 Minibasket teñen aberta a posibilidade de tramitar a súa solicitude a través do envío da documentación precisa en persoa ou vía mail á Delegación FGB en Ferrol ou ao propio club ferrolán (delegacion@fegaba.com e uni.ferrol@terra.com)

As inscricións serán admitidas por rigorosa orde de recepción e o prazo límite para a súa entrega remata o próximo xoves ,18 de decembro.

XXIX Torneo 3 x 3 Minibasket – Nadal: formulario inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram