Universitario de Ferrol: chega o seu Torneo de Nadal – 3 x 3 Minibasket

Universitario de Ferrol renova un ano máis a súa aposta polo 3×3 e celebra este Nadal a edición número 25 do seu tradicional Torneo de Minibasket baixo este formato de competición.

O club da cidade departamental celebra os próximos días 26 e 27 de decembro unha nova edición deste 3×3 no que a finalidade é totalmente lúdica e festiva e que conta, ademais, co apoio da Federación Galega de Baloncesto e do Padroado Municipal de Deportes.

O Polideportivo de Esteiro repite como sede para a competición. Alí reuniranse, a partir das 10.30 h de cada xornada, un máximo de 32 equipos alevíns ou benxamíns. Englobados en catro categorías diferentes darán renda solta á diversión que o 3×3 sempre atesoura.

Inscrición
Os equipos interesados en participar deben enviar a documentación precisa a través do correo electrónico (delegacionferrol@fegaba.com ou uni.ferrol@terra.es ) ou entregala en persoa na sede da zonal FGB. As inscricións serán admitidas por rigurosa orde de recepción e o prazo límite para tramitar a mesma remata o 21 de decembro.

O proceso quedará pechado, para todos os efectos, no intre no que se completen os 32 equipos citados anteriormente como cifra tope de participantes.

Torneo Nadal Minibasket 3×3: Folla de Inscrición.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram