Universitario Ferrol, anfitrión para a Copa Galicia Sénior Feminina e Copa Galicia EBA

A Copa Galicia regresa unha temporada máis a Ferrol. A Cidade Departamental repite neste 2014 designación como sede para as Fases Finais das Copa Galicia en categoría Sénior Feminina e EBA.

A Federación Galega de Baloncesto confía a Universitario de Ferrol a organización das Fases Finais da Copa Galicia nas súas categorías Sénior Feminina e EBA.

O club universitario, coa colaboración do Concello de Ferrol, encargarase da xestión da recta decisiva de ambas as competicións e farao a fin de semana do venres 10 e sábado 11 de outubro.

O Pavillón Municipal de Esteiro acollerá as finais en categoría sénior feminina e EBA por quinto e segundo ano consecutivo, respectivamente. Os equipos implicados volverán a gozar da hospitalidade de Ferrol baixo un calendario xa marcado:

XXII Copa Galicia Sénior Feminina (formato semifinais e final)
10/10/14. Semifinais (18:30 h e 20:30 h)
11/10/14. Final (19:30 h)

Copa Galicia EBA (final a partido único)
11/10/14. Final (17:00 h)

Fase Previa
Tanto a Copa Galicia Sénior Feminina como a Copa Galicia EBA chegarán á súa cita con Ferrol cos seus semifinalistas e finalistas decididos. A clasificación dos mesmos ponse en xogo de xeito previo a través de sendas fases clasificatorias.

No apartado feminino, os cinco equipos galegos de Liga Feminina 2 e o anfitrión, Universitario Ferrol (Liga Feminina), disputaran, distribuídos en dous grupos, unha liga a unha volta. Serán 3 xornadas que comezarán o vindeiro 27 de setembro e que se premiarán coas semifinais.

Calendario Fase Previa
Grupo A: Universitario de Ferrol, C.B. Arxil e Portomar Cortegada.
Grupo B: Durán Maquinaria Ensino, Celta Selmark e Pabellón Ourense.

A categoría EBA, pola súa banda, iniciou este mércores 17 a súa fase previa. Nun único grupo de xogo, os sete clubs galegos que militan en Liga EBA buscarán un oco na final do 11 de outubro. Os dous mellores clasificados obterán directamente esta posibilidade.

Calendario Fase Previa
Grupo único: Básquet Coruña, C.B. Chantada, La Sidrería Ferrol, Estudiantes Lugo, Baloncesto Narón, Instituto Rosalía de Castro e Santo Domingo Betanzos.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram