Unha semana para o peche de inscrición nos cursos de adestradores de Nivel I e Nivel II

A FGB lembra que o vindeiro luns, 16 de abril, conclúe o prazo para tramitar as inscricións nos Cursos de Adestradores de Nivel I e II.
Establecidos en dúas fases xa coñecidas, presencial (entre o 25 de xuño e o 1 de xullo no caso do nivel II, e entre o 27 de xuño e o 1 de xullo no nivel I) e non presencial, ambos os cursos levaranse a cabo baixo as correspondentes convocatorias oficiais feitas públicas o pasado mes de febreiro.

Nas mesmas, que se achegan de novo xunto a esta nota, indícanse os requisitos a cumprir e o proceso a seguir para completar a inscrición. Así mesmo, para a consulta de todos os interesados, lembramos a posibilidade de solicitar axudas económicas para a realización dos cursos.

Máis información en: adestradores@fegaba.com e dircursos@fegaba.com.

Curso Nivel I: formulario de inscrición.
Curso Nivel II: formulario de inscrición.
Bolsas de axuda á inscrición: formulario de solicitude.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram