Últimos días para inscribirse como voluntario na próxima Copa do Mundo #ESPAÑA2014

Os afeccionados ao mundo da canastra poden unirse ata o 30 de marzo a un dos maiores acontecementos deportivos do ano colaborando coa “Obra Social la Caixa”.

Xa queda menos para que España acolla a próxima Copa do Mundo, competición onde os mellores combinados nacionais de baloncesto atoparanse cara a cara. Un dos recursos máis valiosos da organización do Campionato é a presenza da “Obra Social la Caixa”, responsable de coordinar o Programa “Volunteer 2014”.

A presenza do voluntariado é moi importante para o funcionamento dun Campionato de tal magnitude, formando parte dunha gran experiencia na preparación e desenvolvemento da cita mundialista. Na primeira parada da xira promocional “Plaza 2014” en Barcelona a captación de voluntarios foi xa todo un éxito.

Como se pode participar?

Poden entrar no proceso os veciños das seis cidades sede (Bilbao, Granada, Las Palmas de Gran Canaria, Sevilla, Barcelona e Madrid), o resto de cidadáns españois e calquera afeccionado ao deporte. É necesario ter 18 anos de idade.
Para iso, é imprescindible encher o formulario de inscrición . Marcando as diferentes áreas de traballo nas que os candidatos estean interesados en participar e colaborar.

Cal é o proceso de selección?

Consta de cinco fases separadas en seis meses de proceso. O pasado mes de novembro empezou a fase de captación que finaliza o próximo 30 de marzo. Seguidamente, haberá unha segunda fase de selección e formación básica que durará desde o mes de abril ata xullo. A continuación, un mes antes da Copa do Mundo, os candidatos realizarán a fase de formación específica por áreas. Durante a celebración do torneo, realizaranse as accións e actividades asignadas nos anteriores procesos informativos e prácticos. Ao finalizar o Campionato, realizarase unha última fase do legado ou continuación do proxecto “Volunteer
2014”.

Ata o 30 de marzo continua aberto o período de inscrición para unirse a esta gran comunidade.

CaixaBank co baloncesto

O evento contará coa colaboración de CaixaBank, socio patrocinador da Federación
Española de Baloncesto e á vez “Event Sponsor” da Copa do Mundo España 2014.

Máis información

• Fase de captación: novembro 2013 – 30 marzo 2014.

• Fase de selección e formación básica: abril – xullo 2014.

• Fase de formación específica por áreas: xullo – agosto 2014.

• Copa do Mundo de Baloncesto FIBA 2014: 30 agosto – 14 setembro 2014.

• Fase do legado: setembro 2014.

– Contacto: volunteersSpain2014@feb.es

– Web: Voluntarios

– Redes sociaies: @Volunteer_2014 , @VFEB2014 y Comunidad para Voluntarios España

2014 #volunteer2014 #somosequipo #spain2014

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram