– Ás 20.00 h desta mesma tarde remata o prazo para facer chegar á FGB (adestradores@fegaba.com) a solicitude de inscrición nesta actividade que, lembremos, presenta un completo programa teórico e práctico que se estenderá durante todo o domingo, 17 de marzo.
– A sede do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela, acollerá a todos os asistentes (xogadores, adestradores e pais), os que terán por diante un día no que abordar o minibasket galego dende diferentes perspectivas.
– Os tecnicos, inmersos na actualidade nos cursos de adestradores da FGB; poderán validar a súa presenza nesta “I Xornada” por horas de formación continua. O número delas dependerá da medida da súa participación.
A continuación remitimos o programa completo da actividade e detallamos como proceder a inscrición e como poder optar ás horas de formación:
Asistencia, en exclusiva, a “Aula Formativa: un contra un en Minibasket”
(18.30 h – 20.00 h. Colexio Manuel Peleteiro)
A participación tramitarase a través do correo adestradores@fegaba.com, indicando nome e apelidos e título da charla.
Esta opción é totalmente gratuíta e poderá validarse por tres horas de formación continua.
Asistencia, de xeito completo, a “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”
(10.00 h – 20.00 h. Colexio Manuel Peleteiro) (Programa de Actividades)
Os interesados en vivir ao completo a “Xornada de Harmonización”, coa aula formativa inclusive, deben tramitar a súa participación a través do correo adestradores@fegaba.com, indicando nome e apelidos e título da xornada.
Neste caso, a FGB e Colexio Manuel Peleteiro ofrecen a posibilidade de xantar nas mesmas instalacións nas que terá lugar a actividade. O prezo desta posibilidade é de 8 euros, a ingresar, de xeito previo, na conta de “la Caixa” 2100 1455 14-0200227406. O xustificante de ingreso deberá constar xunto a solicitude de inscrición vía mail.
Esta opción poderá validarse por 12 horas de formación continua
Asistencia parcial á “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”
Os interesados en tomar parte da Xornada tan só en horario de mañá, ou en horario de tarde, deben tramitar a súa participación a través do correo adestradores@fegaba.com, indicando, neste caso, nome e apelidos e referenciando a franxa horaria na que estarán presentes.
Esta opción poderá validarse por cinco horas de formación continua.
“I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego” – Programa Completo