Últimas datas para participar no IV Certame de Debuxo para o Nadal: “GALICIA 2014”

O Certame de Debuxo da FGB, especial para as datas festivas, pecha este mércores, 11 de decembro, o seu prazo para a entrega de traballos.

As Delegacións Zonais da FGB, así como a súa sede central en Santiago de Compostela, recollerán os deseños presentados ata esa data (11 de decembro), e sempre baixo as condicións establecidas nas Bases Oficiais deste Concurso.

Lembrar que se premiarán os dous mellores traballos recibidos, destinando o primeiro deles a ser a imaxe da Federación Galega de Baloncesto na súa postal de Nadal.

No documento que se achega remítense as Condicións e Requisitos completos deste “IV Certame de Debuxo para o Nadal: “GALICIA 2014”, actividade que se leva a cabo coa colaboración da Federación Española de Baloncesto e de “la Caixa”.

Bases: IV Certame de Debuxo para o Nadal: “GALICIA 2014”

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram