Última concentración para as Preseleccións Galegas Cadetes

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto afronta este domingo, 16 de decembro, a derradeira concentración das Preseleccións Galegas Cadetes baixo o estatus de equipos provisionais.

Os xogadores e xogadoras convocados nesta ocasión por Fernando Buendía e Cristina Cantero, respectivamente; están citados en Santiago de Compostela, a partir das 09.00h para afrontar unha completa xornada de traballo. A mesma incluirá os correspondentes adestramentos (nos pavillóns Lorenzo de La Torre e Rosalía de Castro), así como un recoñecemento médico a realizar no Policlínico La Rosaleda.

A deste domingo será a ultima concentración antes de coñecer as listas definitivas das Seleccións que defenderán a Galicia no Campionato de España Cadete. Cita, esta última, que se celebrará en Zaragoza do 2 ao 6 de xaneiro, organizada pola FEB e a Federación Aragonesa.

Nos documentos que se achegan poden consultarse as listas de ambas preseleccións para esta convocatoria.

Preselección Galega Cadete Masculina: 16/12/12
Preselección Galega Cadete Feminina: 16/12/12

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram