Do 18 ao 28 de xullo do vindeiro 2013, España disputará o Europeo U18 nas cidades de Riga e Liepaja, en Letonia. O primeiro paso cara a ese torneo comezará nos últimos días de 2012 en Guadalajara. A localidade alcarreña acollerá o stage de concentración desta Selección na que Galicia estará representada por catro xogadores.
Entre os seleccionados polo gabinete técnico FEB están os galegos Brais Gago (Estudiantes de Lugo), Alberto Abalde (Joventut Cataluña) e Carlos Martínez (Baskonia).
Na parcela técnica, o equipo, dirixido por Manolo Aller, contará tamén co acento galego de Javier Llorente (Marín Peixegalego) como axudante, e de Tomas Richartz (Obradoiro CAB) nas labores de Fisio.
“Operación Talento”
Pero o equipo nacional U18 verase complementado por outro combianado, o de xogadores pertencentes á denominada “Operación Talento”. Entre eles, que terán tamén a súa oportunidade nesta concentración, atópase o escolta santiagués Jaime Cabo (Compañía de María).
O Programa de traballo que lles agarda en Guadalajara entre o 27 e 30 de decembro pode consultarse no documento oficial da convocatoria emitido pola FEB