Tui acolle as “Xornadas de Mellora Técnica 2015” en categoría feminina

A Área Deportiva FGB dá a benvida á temporada 2015 – 2016 coa celebración da convocatoria feminina das “Xornadas de Mellora Técnica 2015”.

Esta primeira edición das Xornadas de Mellora en categoría feminina completa o camiño iniciado o pasado mes de xuño, tamén en Tui, co apartado masculino deste mesma actividade.

Abrindo o esquema de traballo “Horizonte 2018”, programa ideado como un ciclo con proxección futura, a Federación Galega de Baloncesto pon en marcha as Xornadas Femininas de Mellora Técnica 2015.

Con sede na vila de Tui, e estendéndose os días 27, 28, 29 e 30 deste mes de agosto, a Área Deportiva FGB reúne, baixo convocatoria pechada previa, a un total de 16 xogadoras por catro xeracións difentes nadas entre os anos 2002 e 2005, e elixidas en base ao seguemento (vía CETIS) realizado durante a pasada temporada 2014- 2015.

A mellora e individual e o avance colectivo dos grupos de traballo establecidos son o obxectivo referente destas catro datas de adestramentos e convivencia, un proceso que estará guiado por un decena de adestradores colaboradores da FGB, cada un deles con responsabilidade dividida:

Adestradores Responsables: Nacho Silva (R.C. Celta) e Román Gómez (Maristas Coruña).

Adestradores Principais: Pablo Abuin (Estudiantes Lugo), Sandra Prieto (Universitario Ferrol), Maisa López e Cristina Castells.

Adestradores colaboradores: Patricia Gómez (Muebles Victoria O Barco), Samuel Conde (C.B.Allariz), Ana Gómez (Arxil) e Paula Fernández (Cia Maria Vigo).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram