Trocos na Comisión Executiva da FEB con nova presencia da FGB

(Foto: FEB)

(Foto: FEB)

(Info: FEB) A incorporación de dúas novas mulleres á Comisión Executiva reforza a aposta da FEB por potenciar o papel da muller no baloncesto.
Aproveitando a celebración da Copa da Raíña de Baloncesto Feminino en Vitoria- Gasteiz, celebrouse unha Comisión Executiva da Federación Española de Baloncesto na que se aprobou a incorporación de tres novos membros, entre os que se atopa Susana Fernández Fiuza, Secretaria Xeral da Federación Galega de Baloncesto. Xunto a ela chegan tamén a este orgniasmo: Marta Fernández Farrés, ex xogadora internacional e comentarista de baloncesto feminino; e Ferrán Aril, Vicepresidente da Federación Catalá de Baloncesto.

Con estas novidades, a Comisión Executiva da FEB cobre as baixas que se produciron nos últimos meses e cúmprese coa implementación da cota de xénero fixada polo Consello Superior de Deportes. Ademais dos nomeamentos, esta renovada Comisión Executiva deu coñecer o informe de xestión dos últimos temas de actualidade da FEB, así como para amosar aos seus membros os proxectos postos en marcha pola Federación neste comezo de ano.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram