Triple representación arbitral no Campionato de España Cadete

Galicia volve a gozar de ampla representación na lista nacional de 38 árbitros convocados para o Campionato de España de Seleccións Cadetes (Valladolid, do 3 ao 6 de xaneiro).

Guillermo Ríos Marcos (Ourense), Cristina García Fernández (Ourense) e Roi Rilo Antelo (Santiago), adscritos ao Grupo 2 do Comité Galego de Árbitros, formarán parte da expedición galega no citado Campionato repetindo unha experiencia de ámbito nacional coa que as tres xa contan no seu haber particular en temporadas pasadas.

Galicia establécese así, xunto a Cataluña e Andalucía, no trío de Comunidades que contarán con maior presenza arbitral neste inminente Campionato de España. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram