Triple oco na axenda para o “BabyBasket”

A competición “Babybasket” mantén o seu alto ritmo, característica súa nesta temporada 2017 – 2018, que esta a ser a da súa consolidación. Tres convocatorias novas sumaranse este domingo, 25 de febreiro; a un calendario zonal que, se nada se torce, vivirá unha gran festa final, a nivel autonómico, o vindeiro mes de xuño.

Galería de Imaxes: Babybasket 2017 – 2018

Pero polo momento, a cita inmediata chega esta fin de semana grazas ao traballo dos clubs correspondentes ás delegacións de Santiago, Ourense e Vigo. En cada caso, e concentrando a actividade no domingo, esta será a súa programación para desfrutar do xogo e da convivencia entre os deportistas máis novos: 

Delegación FGB Vigo (Organizan: Colexio Apóstol e Colexio Salesianos) – 25/02/18

Pavillóns:Colexio Apóstol e Colexio Salesianos. Hora: 10.00 h.

Delegación FGB Santiago (Organiza: Basquet Ames) – 25/02/18

Pavillón Municipal Milladoiro. Hora: 10.00 h – 13.30 h.

Delegación FGB Ourense (Organiza:Club Xuventude Baloncesto Verín) – 25/02/18

Pavillón Municipal Verín. Hora: 09.45 h – 13.00 h.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram