Trío arbitral galego para o España – Canadá

O Debut da RutaÑ2014 que se celebra o vindeiro mércores, 6 de agosto; en A Coruña co encontro España – Canadá coñece xa a súa designación arbitral, a cal terá unha elevada compoñente galega. Tres dos nosos actuais colexiados das máis altas categorías serán encargados da dirección do partido.

O Director Técnico do CGAB e colexiado ACB e Internacional, Miguel Ángel Pérez; xunto ao tamén ACB Jacobo Rial; e ao colexiado do Grupo 1 FEB, Daniel Pazos están convocados a participar nesta cita tan especial que traerá á cidade herculina a unha España que presenta firme a súa candidatura para a inminente Copa do Mundo 2014. A tripla arbitral galega será pois partícipe directa dun evento deportivo non exento de atractivos e de relevancia deportiva para o Basket Español.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram