Tres mulleres arbitrarán por primeira vez un partido da Liga DIA e da LEB Ouro

Laura Piñeiro e Paula Lema

Laura Piñeiro e Paula Lema

As colexiadas galegas Paula Lema e Laura Piñeiro formarán parte do equipo arbitral de cada un destes dous partidos da LEB Ouro e Liga DIA, respectivamente. 

Con tan só dous días de diferencia, produciranse dous eventos históricos no baloncesto español. Tres mulleres arbitrarán o gran duelo da Liga DIA entre Spar Citylift Girona e Perfumerías Avenida o vindeiro 16 de decembro; e outra tripleta histórica fará o propio en LEB Oro dous días despois.

Será na xornada 10 da Liga DIA entre os dous protagonistas dsa últimas finais do baloncesto feminino español. Spar Citylift Girona recibe ao Perfumerías no Pavelló Fontajau nun encontro transmitido por Teledeporte o domingo, 16 de Decembro (20:00 h). Un enfrontamento que será liderado por Asunción Langa (Madrid), Sara Peláez (Madrid) e a colexiada galega Laura Piñeiro. Será un evento histórico para a arbitraxe española. 

Dous días despois Yasmina Alcaraz (Cataluña), Paula Lema (Galicia) e Elena Espiau (Aragón) serán as encargadas de arbitrar a Carramimbre CBC Valladolid ante o Tau Castelló da xornada 15 da LEB Ouro, feito que o converterá no primeiro partido de categoría masculina arbitrado por tres mulleres. O establecemento da arbitraxe a tres da Liga DIA e da LEB Oro nesta temporada 2018 – 2019 propiciou esta situación. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram