Tres Árbitros Galegos na “Ruta Ñ” da Selección Española

Jacobo Rial, Daniel Pazos e Miguel Ángel Pérez arbitrarán na xira de preparación da Selección Española Masculina Absoluta de cara á súa participación nos Xogos Olímpicos de Londres.

O primeiro dos nosos árbitros en tomar parte desta xira, denominada “Ruta Ñ”, será o Director Técnico do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto, Miguel Ángel Pérez, no España – Gran Bretaña deste mesmo luns, 9 de xullo, en Valladolid.

Pola súa banda, máis adiante no tempo e na casa, en A Coruña, un moi interesante ESPAÑA-ARXENTINA, terá a participación de Jacobo Rial e Daniel Pazos. A cita será o vindeiro 20 de Xullo no Coliseum.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram