Traballo formativo cos colexiados galegos designados para os Campionatos de España

O Comité Galego de Árbitros está a centrar parte importante do seu traballo de actualización nos colexiados que, en vindeiras datas, representarán á arbitraxe galega nos distintos Campionatos de España de Clubs.

Con este obxectivo, e completando a preparación que cada un destes colexiados realizará de xeito individual, o CGAB, co seu director técnico á cabeza, concentrou o xoves 25 de abril; aos seis colexiados designados para as cistas estatais.

Xunto a eles, Miguel Ángel Pérez levou a cabo unha charla – coloquio na que se puxeron sobre a mesa diferentes cuestións, tanto teóricas como de carácter práctico. Nesta xuntanza participou tamén o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; quen desexou a maior das sortes aos presentes e amosoulles a confianza depositada no seu traballo.

Xunto ao máximo mandatario FGB, participaron como convidados nesta actividade o Coordinador Autonómico do CGAB, Fran Guillamet; así como Vicente Sanchís e José Luis Estévez Camiña.

A continuación, referimos a relación dos indicados colexiados que participarán nos Campionatos de España:

Campionato de España Cadete Masculino (Ferrol, 26/05/13 -02/06/13)
Paula Lema e Guillermo Ríos.

Campionato de España Cadete Feminino (26/05/13 -02/06/13)
Roi Rilo e Manuel Seijo.

Campionato de España Júnior Masculino (Marín, 12/05/13 – 18/05/13)
Adrián López e Luis Real

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram