Traballo e convivencia no Clínic de Nadal do Comité Galego de Árbitros

O árbitros CGAB dos Grupos 1 e Sub23 reuniranse este sábado, 22 de decembro; en Compostela baixo convocatoria para celebrar o seu Clínic de Nadal. Esta cita, habitual cada ano por estas datas, terá lugar no Colexio Manuel Peleteiro, onde serán protagonistas ao longo da mañá, dun programa de actividades que dirixirá o Director Técnico do propio CGAB, Miguel Ángel Pérez Pérez.

Xunto a eles están tamén citados a participar os Responsables Arbitrais Zonais de cada unha das sete delegacións FGB, así como o técnicos e informadores do mesmo.

Clínic de Nadal CGAB 2018 – Axenda

(09:00 h) Incorporación.

(09:30 h) Probas físicas.

(11:00 h) Test de regras.

(11:45 h) Revisión de Criterios Técnicos.

(13:00 h) Revisión de Criterios Técnicos.

 (14:15 h) Xantar.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram