Traballo e concentración: claves previas para os colexiados galegos designados nos Campionatos de España

O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez, reuniu na tarde deste venres á decena de colexiados galegos que están a piques de iniciar a súa participación nos diferentes Campionatos de España de Clubs.

Na sede da FGB en Santiago, o total dos árbitros designados para esta empresa realizaron unha posta en común do traballo teórico que, en grupos, levan elaborando dende que coñeceron a boa nova da súa presenza nas citas nacionais.

Da man de Miguel Ángel Pérez repasaron e actualizaron conceptos puntuais e desenvolveron as súas impresións sobre determinadas accións e decisións ás que se poden enfrontar na pista de xogo.

A parcela física non quedou á marxe. Unha vez cumprimentado o nivel teórico puxeron rumbo ao Pavillón para levar a cabo os controis e test habituais.

Inminente inicio
O deste venres é o chanzo previo dunha experiencia deportiva da que os dez colexiados galegos poderán recoller a maior aprendizaxe posible, cada un deles localizado nun punto concreto da xeografía española. Así, lembramos a súa distribución exacta para os diferentes Campionatos de España. O primeiro deles arrinca xa este domingo, 13 de maio.

Campionato de España Júnior Feminino (Zaragoza) – do 13 ao 19 de maio
Diego Domínguez Portas (EBA).

Campionato de España Cadete Masculino (Marín, Pontevedra) – do 27 de maio ao 2 de xuño
Fran Huete Salcedo (EBA), Cristina García Fernández e Luis Rivadulla Boente.

Campionato de España Cadete Feminino (Aragón) – do 27 maio ao 2 de xuño
Patricia Díez Cabaleiro e Saray Fornos.

Campionato de España Infantil Masculino (Vecindario, Gran Canaria – do 17 ao 23 de xuño)
Cristian Martín Vázquez (EBA) e Luis Estévez Estévez

Campionato de España Infantil Feminino (Lanzarote) – do 17 ao 23 de xuño
Adrián Gallego Cid (EBA) e Alejandro Pérez Freire.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram