Traballo de Tecnificación nas Delegacións Zonais: axenda da fin de semana

A Delegación en Vigo suma unha nova xornada de tecnificación á súa xa de por si ampla nómina de traballo neste ámbito. Repetindo destino por segunda vez nesta 2011 – 2012, visita este domingo 18 a vila de Oia.

Baixo convocatoria aberta para todos aqueles xogadores e xogadoras alevíns, benxamíns e infantís, a cita celebrarase na Escola de Educación Infantil CEIP Mestre Manuel García da localidade pontevedresa.

Reseñamos os datos completos da actividade, na que se espera que, de novo, se animen a participar numerosos nenos e nenas da zona:

Delegación en Vigo – Oia, 18/03/12

Centro de Tecnificación: categorías preminibasket, minibasket e infantil

Sede
Escola de Educación Infantil CEIP Mestre Manuel García.

Horario
10.30 h – 13.00 h: preminibasket, minibasket e infantil.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram