Traballo de Tecnificación nas Delegacións Zonais: axenda da fin de semana

Avanzan, sen descanso, as tarefas de tecnificación articuladas a través dos Centros de Formación e Promoción Itinerantes da Federación Galega de Baloncesto.

Unha fin de semana máis as Delegacións Zonais son as encargadas de trasladar este propósito ata diferentes cidades e vilas das súas zonas de influenza. Co esquema habitual deste Programa, establecido en réxime de participación aberta para que se involucre todo aquel xogador e xogadora que o desexe, as citas para este domingo son as seguintes:

Delegación en Vigo – Ponteareas, 11/03/12

Centro de Tecnificación preminibasket, minibasket e infantil

Sede
Pavillón Álvaro Pino

Horario
10.30 h – 13.00 h: preminibasket, minibasket e infantil.

Delegación de A Coruña – A Coruña, 11/03/12

Centro de Tecnificación Minibasket (nenos e nenas nadas nos anos 2000 e 2001)

Sede
Polideportivo Municipal Sagrada Familia

Horario
de 16.00 h – 18.00 h: minibasket masculina.
de 18.00 h – 20.00 h: minibasket feminina

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram