O formato “All Star” viaxa á localidade de A Estrada. A edición 2018 deste evento que agrupa tecnificación e competición, celebrarase este sábado, 24 de marzo; no Pavillón Municipal Coto Ferreiro e coa xeración 2005 como obxectivo.
Esta será a IV edición dunha xornada de traballo nada en 2015 como reforzo do programa de tecnificación FGB, e consolidada actualmente como cita indispensable no planning anual da área técnica, contando este ano coa colaboración do Concello de A Estrada e o club local, EDM Baloncesto A Estrada.
Nesta ocasión, o “All Star” repartirá o seu traballo entre adestramento e competición amigable, rendabilizando a quenda de mañá para exercitarse, e o horario de tarde para a disputa de dous encontros: ás 16:30 h en categoría masculina, e ás 18:30 h en feminina.
Os protagonistas desta data serán un total de 40 xogadores, 20 en cada categoría; citados previamente baixo convocatoria pechada. A súa procedencia, de entre diferentes clubs de toda Galicia; así como a súa referencia; poden consultarse nos documentos que se achegan.
Plataforma Formativa
A celebración deste “All Star” 2005 trae consigo tamén unha nova oportunidade didáctica para todos os adestradores galegos que o desexen. Nesta liña, o discorrer total da actividade, tanto adestramentos como encontros, poderá seguirse de xeito activo por aqueles técnicos que estén interesados en vivila no propio Pavillón, sempre que o soliciten previamente vía mail (adestradores@fegaba.com) antes da tarde deste venres, 23 de marzo.
No documento que achegamos xunto as convocatorias dos xogadores, detallamos polo miúdo os pormenores desta posibilidade formativa, na que ademáis existirá a posibilidade de validación formativa (6 HORAS) para os alumnos dos cursos FGB que cumpran os requisitos que se marcan.
“All Star” Masculino – 2018
“All Star” Feminino – 2018
All Star 2005 – Actividade Formativa Adestradores