Gran domingo de Baloncesto co que nos agasallou o Torneo Xacobeo 21- 22 3×3 FGB que celebramos en Marín gracias ao apoio de Xacobeo 21 – 22 e Xunta de Galicia; e a indispensable colaboración de Concello de Marín e Club Peixe Fresco.
Torneo Xacobeo 21- 22 3×3 FGB: Calendario e Resultados
Torneo Xacobeo 21- 22 3×3 FGB: Galería
Competición 3×3 e un intenso Concurso de Tiro configuraron a xornada completa de Basket nun Pavillón de A Raña engalanado para recibir ao Torneo Xacobeo 21-22 3×3 FGB. A Fase Previa en quenda de mañá, e as eliminatorias decisivas da tarde, deixaron ao equipo Flow Viellos como o líder dun total de 11 combinados participantes.
A súa vitoria (21 – 19) chegou na final ante o equipo “Peixe” nun duelo que, como todos os que se desputaron durante o domingo, puidemos seguir en directo vía FEGABA TV.
E, precisamente do equipo subcampión do Torneo, Peixe; foi o vencedor da outra gran atracción da xornada: o Concurso de Tiro. Pablo Castro impúxose na final de Tiro a Yara Costas, quen tamén ofreceu un gran certo nesta especial cita.
Pablo Castro, Campión Concurso Tiro
Ambos os dous, como por suposto o Campión e Subcampión por equipos, recibiron o aplauso do público e os seus trofeos correspondentes, os cales lles entregaron o Presidente FGB, Francisco Martín; e Antonio Caíña, representante da Concellería de Deportes de Marín.
Para revivir o acontecido este domingo permanecen dispoñibles na nosa canle FEGABA TV o total dos partidos celebrados nas dúas pistas de xogo.