“Torneo 3×3 de Nadal” da man de Universitario Ferrol

(Info: Universitario Ferrol) O Universitario de Ferrol presenta a 33ª edición do seu “Torneo de Minibasket 3×3”, unha cita que terá lugar durante o xoves 22 e o venres 23 de decembro no Polideportivo de Esteiro. 

Esta nova cita co seu xa tradicional campionato de Nadal, Universitario Ferrol contará con 32 equipos formados por xogadores englobados en catro categorías segundo o seu ano de nacemento. O segundo día de competición reestruturaranse os grupos para xogar contra outros equipos diferentes, en función dos resultados do día anterior. Os partidos comezarán a partir das 10:30 horas, terán unha duración de 10 minutos e cada equipo disputará polo menos tres en cada xornada.

A inscrición farase por rigorosa orde de recepción e pecharase cando se completen os 32 equipos ou, como límite, o venres 16 de decembro. Os equipos deberán inscribirse a través da Delegación Ferrolana de Baloncesto (personalmente ou por correo electrónico – delegacionferrol@fegaba.com).

O formulario de inscrición, así como a normativa concreta deste “Torneo 3×3 de Nadal” poden descargarse nos documentos que se achegan. 

 

“Torneo 3×3 de Nadal” : Normativa
“Torneo 3×3 de Nadal”: formulario de inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram