
Por cuarta vez na temporada o traballo de tecnificación visita Tomiño. A boa acollida, tanto en número de participantes como en actitude, que esta vila está a ter co Baloncesto e coa propia Federación Galega de Baloncesto animan á Delegación en Vigo, unha vez máis, a trasladar ata o Pavillón de Carballa o mecanismo do Programa de Tecnificación FGB.
A convocatoria será este domingo, 4 de marzo, de entre ás 10.30 h e as 13.00 h, aberta ás categorías benxamín, alevín e infantil. Convidados a participar están pois todos os xogadores e xogadoras que pertenzan a estas idades.
Colaboración que non cesa
A Delegación en Vigo está a contar para este tipo de actividades coa colaboración constante dun nutrido grupo de adestradores de distintos clubs. Sen eles o programa de tecnificación perdería parte do seu senso, xa que se trata dun traballo a proxectar entre todos.
Nesta ocasión estarán en Tomiño, e en contacto directo con José Luis Pérez,responsable técnico da Delegación: Fernando Ameneiro (Bosco-Celta), Juan Raposeiras (C.B.Baoina), Miguel Brasa (Morrazo), Constante Soliño (Salesianos), Xavier Barra (C.B. Baiona) e Xosé Leyenda ( C.B. Baiona)