A área deportiva da FGB celebra esta xornada de venres, 28 decembro, unha nova convocatoria para a súa preselección de categoría minibasket masculina, unha renovada cita para realizar tarefas de control sobre os xogadores que, co paso dos meses, poden pasar a formar parte da que será a Selección Galega definitiva.
No compostelá Pavillón Municipal de Monte dos Postes, e repartidos en dúas quendas de adestramento, comparecen este venres un total de 30 xogadores, que traballarán ás ordes de Paula Couto e o seu equipo técnico.
Para a seleccionadora mini masculina esta configúrase como unha gran oportunidade para continuar a valorar a evolución dos nenos minis cos que pode programar contar para un futuro próximo.
Nos documentos que se achegan poden consultarse ambas as listas de xogadores convocados en cada unha das quendas de traballo.
Preselección Galega Minibasket Masculina: 28/12/12 – 1º Quenda.
Preselección Galega Minibasket Masculina: 28/12/12 – 2º Quenda.